Andaina e Carreira Solidaria

Tui, 13 de marzo de 2010

 
 

A Andaina percorrerá xunto con dous historiadores as rúas e os monumentos máis importantes para ensinar a xente o paso dos anos pola cidade de Tui.

Saíndo ás 17:30 da Corredoira e rematando no mesmo sitio ás 19:30.

 

A Carreira será sobre a distancia de 10 km. , regulada polos xuíces da Federación Galega de Atletismo xunto coa Policia Local e Protección Civil de Tui; e o clube organizador.

Saíndo ás 18:00 da Corredoira e rematando no mesmo sitio ás 19:30.

 

Tanto a Carreira como Andaina son solidarias e todo o recaudado será doado o Colexio San Xerome Emiliani que atende as persoas con discapacidades físicas e psíquicas do Baixo Miño.

Os únicos premiados serán o Home e Muller de Maior Idade e o Equipo Máis Numeroso.

Todo participante o retirar o dorsal, que será media hora antes do comezo da proba, recibirá unha camiseta e dará o seu donativo para a causa solidaria.

O remate da proba, farase un sorteo de agasallos entre os participantes da Carreira e da Andaina.

 

Esta carreira entra dentro do circuíto de Correr en Galicia, así que a súa clasificación será publicada na páxina web www.correrengalicia.com e tódolos participantes recibirán a mesma cantidade de puntos.

Para realizar a súa inscripción, fágana enviando un correo electrónico a clubatletismotui@gmail.com ou no seguinte enlace: