|
CLUBE
ATLETISMO TUI
Fundado en 1993, é un dos primeiros clubs de atletismo do Baixo Miño. Naceu cunha
vocación de dinamizar o deporte popular nas comarcas da Louriña e Baixo Miño.
En 13
anos de vida temos demostrado que somos un referente do deporte popular en Galicia e
proba diso é que, cos escasos recursos tanto humanos, materiais e económicos cos
que nos movemos estes anos, o noso
traballo a prol do atletismo, da cultura e a defensa do patrimonio
histórico e cultural así como o coidado e difusión do medio natural está máis que demostrado.
Nestes trece anos temos organizado probas en toda a
comarca do Baixo Miño e na da Louriña e temos colaborado con outras celebradas
en toda Galicia e Norte de Portugal.
Nesta
nova etapa queremos, aínda máis, promocionar o deporte e a cultura
popular, como punto de unión entre as persoas e os pobos e, xa que
logo, queremos abrir espazos de confluencia comúns cos pobos veciños do
Minho Portugués.
Desde o club apoiamos a candidatura de “As tradicións orais
galego-portuguesas” como Patrimonio
Inmaterial dá UNESCO, promovida polas escolas galegas e portuguesas
integradas en “Ponte nas…Ondas”.
Desde aqui a nosa pequena
aportación para tender novas pontes entre pobos e persoas.
|